Posteado por: bibliorianxo | 21 enero, 2012

SESIÓNS DE CONTACONTOS

CASTELAO CONTADO PARA NENOS E NENAS – SESIÓNS DE CONTACONTOS A DESENVOLVER NOS CENTROS CULTURAIS DE PARROQUIAS

Un espectáculo familiar do Cadro Artístico “Airiños”, no marco da programación Actos Castelao 2012, a modo de sesións de contacontos arredor da figura e obra de Castelao.
Realizaranse de xeito itinerante, en colaboración con diversas entidades veciñais e parroquiais, nos Centros Culturais das Parroquias e co calendario que, de seguido, se detalla:

Sábado, día 21:
Centro Cultural de Taragoña – 17.00 h.
Escola de Buía – Araño – 18.00 h
C. Cultural “Simón Varela” – Asados – 19.00 h.

Sábado, día 28:
Casa da República – Isorna – 17.00 h.
C. Cultural “Vicente Vidal” – Leiro – 18.00 h
Auditorio de Rianxo – 19.00 h.

Castelao contado para nenos e nenas

Castelao contado para nenos e nenas

Posteado por: bibliorianxo | 21 enero, 2012

“Teresa Moure no Obradoiro de Creatividade da Biblioteca”.

This slideshow requires JavaScript.

Posteado por: bibliorianxo | 14 enero, 2012

OBRADOIRO DE CREATIVIDADE a cargo de Teresa Moure

ACTOS CASTELAO 2012: OBRADOIROS CREATIVOS PARA A MOCIDADE

Dentro da programación dos Actos Castelao 2012 vanse realizar dous obradoiros destinados á xente moza rianxeira: un obradoiro de Caricaturas a cargo de Suso Sanmartín e un obradoiro de Creatividade literaria a cargo de Teresa Moure.

  • Castelao creador na crítica social: OBRADOIRO DE CARICATURAS a cargo de Suso Martín

DÍA: venres 20 de xaneiro
HORA: 20.00 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo

  • Castelao creador literario: OBRADOIRO DE CREATIVIDADE a cargo de Teresa Moure

DÍA: sábado 21 de xaneiro
HORA: 11.30 h
LUGAR: Biblioteca Pública Castelao

Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas a partir de 12 anos. As prazas son limitadas e hai reserva para a mocidade con discapacidade.

Para máis información e inscricións no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, no teléfono 981 100 688 de luns a venres de 10 a 14 horas e de martes a venres de 16 a 20 horas ou nos correos electrónicos cultura@concelloderianxo.es ou xuventude@concelloderianxo.es ou na Biblioteca Municipal

obradoiros castelao creador para a mocidade

obradoiros castelao creador para a mocidade

Posteado por: bibliorianxo | 4 enero, 2012

Apalpador na Biblioteca

Tivemos taaanta xenta para ver o Apalpador e acompañantes que se nos quedou a Biblioteca pequena.

Grazas a todos por acompañarnos

This slideshow requires JavaScript.

Posteado por: bibliorianxo | 4 enero, 2012

Cabalgata de Reis

CABALGATA DE REIS – Xoves 5 de xaneiro – Praza Castelao

CABALGATA DE REIS E BELÉN VIVINTE

- A partires das 17.30 h – PANXOLIÑAS e ACTUACIÓNS fronte ao BELEN VIVINTE.
- Recepción das SS.MM. os REIS MAGOS na CASA do CONCELLO e ofrenda ante o BELÉN VIVINTE as 18:30 H.
- DESFILE polas rúas da Vila e VISITA a Igrexa Parroquial, con reparto de caramelos, as 19:30 H.
- Ambientación e acompañamento musical a cargo de diversos grupos / entidades locais.

Os nenos e nenas e demáis persoas interesadas en participar, poden dirixirse ás oficinas da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística. sitas no Auditorio, ou ben ás directivas do Liceo Marítimo Rianxeiro e da Asoc. Cultural “Fogo Fatuo”

Promove o Concello de Rianxo, coa colaboración de: Liceo Marítimo Rianxeiro – Asoc. Cultural “Fogo Fatuo” – Escola de Música de Rianxo – Asoc. Cultural “Vai de Roda” – Agrup. teatral “Criaturas” – Grupo de Teatro “Airiños”, entre outros, …..

cartel Cabalgade de Reis 2012

Cartel Cabalga de Reis 2012

O APALPADOR E OS PAXES DOS REIS MAGOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL E NOS CENTROS CULTURAIS DAS PARROQUIAS – DIAS 3 E 4 DE XANEIRO

Organizado en colaboración coa Agrupacións teatral “CRIATURAS,” da Asoc. Cultural Fogo Fatuo e o Grupo de Teatro “AIRIÑOS, do C. Cultural Simón Varela, terán lugar nas tardes dos días 3 e 4 de xaneiro, as propostas que de seguido se detallan:

- Contacontos “O Apalpador e outros personaxes / figuras do Nadal”
- Presentación do Apalpador
- Recollida de cartas polos paxes das SS MM Os Reis Magos

Martes día 3:
TARAGOÑA: Centro Cultural de Taragoña – 17.00 h.
ARAÑO: Escola Unitaria de Buía – 18.00 h.
ASADOS: Centro Sociocultural da Atalaia (antigas unitarias) – 19.00 h.

Mércores día 4:
ISORNA: Casa da República – 17.00 h.
LEIRO: Centro Cultural Vicente Vidal – 18.00 h.
RIANXO: Biblioteca Pública Municipal – 19.00 h.

Cartel Apalpador

Cartel Apalpador

Posteado por: bibliorianxo | 23 diciembre, 2011

Concilia no Nadal. Obradoiros para nenas e nenos

Obradoiros para nenas e nenos no Auditorio de Rianxo durante o Nadal

Do 27 ao 4 de xaneiro, polas tardes, vanse desenvolver no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo uns obradoiros para nenos e nenas de educación infantil e primaria.

En concreto son 3 obradoiros diferentes:

LUDINADAL: para nenos e nenas de Educación Infantil. De 17.00 a 18.00 horas.

DECORA NO NADAL: para nenos e nenas de Primaria nados no 2005-2004 e 2003. De 18.00 h a 19.00 h

BLOGUE RIANXO DE NADAL: nenos e nenas de primaria, nados no 2002-2001 e 2000. De 19.00-20.00 h.

As prazas son limitadas e resérvanse cinco en cada obradoiro para persoas con discapacidade.

Para máis información e inscricións poden dirixirse ao Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo,  no horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h: ou ben no teléfono 981 100 688 ou no correo electrónico cultura@concelloderianxo.es

Concilia no Nadal. Obradoiros para nenas e nenos

Concilia no Nadal. Obradoiros para nenas e nenos

Posteado por: bibliorianxo | 23 diciembre, 2011

Cantos libros para apalpar!

Recomendacións de lectura das Bibliotecas.

De novo este ano voltamos colaborar para crear entre todos as recomendación de lecturas para o Nadal.

A Biblioteca Pública Municipal “Castelao” de Rianxo en colaboración coas bibliotecas escolares dos colexios:

CEIP A.D.R Castelao de Rianxo

CEIP Ana Mª Dieguez de Asados

CEP X.Mª Brea Segade de Taragoña

IES Félix Muriel

This slideshow requires JavaScript.

Posteado por: bibliorianxo | 31 agosto, 2011

EL TIEMPO ENTRE COSTURAS – María Dueñas

EL TIEMPO ENTRE COSTURAS – María Dueñas. Blog sobre el liro

El tiempo entre costuras

Cuerta El tiempo entre costuras

EL ARGUMENTO

La joven modista Sira Quiroga abandona el Madrid convulso de los meses previos al alzamiento arrastrada por el amor desbocado hacia un hombre a quien apenas conoce. Con él se instala en Tánger, una ciudad exótica y vibrante donde todo puede suceder. Incluso la traición.

Sola, desubicada y cargada de deudas ajenas, Sira se traslada accidentalmente a Tetuán, capital del Protectorado Español en Marruecos. Espoleada por la necesidad de salir a flote, con argucias inconfesables y gracias a la ayuda de nuevas amistades de reputación un tanto dudosa, forjará una nueva identidad y logrará poner en marcha un selecto taller de costura en el que atenderá a clientas de orígenes lejanos y presentes insospechados.

 

A partir de entonces, con la contienda española recién terminada y los ecos de la guerra europea resonando en la distancia, el destino de Sira queda ligado al de un puñado de carismáticos personajes –Rosalinda Fox, Juan Luis Beigbeder, Alan Hillgarth– que la empujarán hacia un inesperado compromiso en el que las artes de su oficio ocultarán algo mucho más arriesgado.
Posteado por: bibliorianxo | 19 julio, 2011

Selección de recursos web para nen@s e moz@s ofrecido pola FGSR

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez, especialista na promoción da lectura e do libro infantil e xuvenil, ven de poñer a disposición de todos os internautas unha selección de recursos web para nen@s e moz@s.

Dita selección realizouse a través do seu Centro Nacional del Libro Infantil y Juvenil, e veñen organizados por temáticas e mais tamén por grupos de idades.

Podedes ver páxinas moi divertidas e interesantes, tanto para os rapaces como para os pais e nais.

Titulo y Edades

Entradas antiguas »

Categorías

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.

Únete a otros 69 seguidores