ACTOS CASTELAO 2012: OBRADOIROS CREATIVOS PARA A MOCIDADE
Dentro da programación dos Actos Castelao 2012 vanse realizar dous obradoiros destinados á xente moza rianxeira: un obradoiro de Caricaturas a cargo de Suso Sanmartín e un obradoiro de Creatividade literaria a cargo de Teresa Moure.
- Castelao creador na crítica social: OBRADOIRO DE CARICATURAS a cargo de Suso Martín
DÍA: venres 20 de xaneiro
HORA: 20.00 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo
- Castelao creador literario: OBRADOIRO DE CREATIVIDADE a cargo de Teresa Moure
DÍA: sábado 21 de xaneiro
HORA: 11.30 h
LUGAR: Biblioteca Pública Castelao
Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas a partir de 12 anos. As prazas son limitadas e hai reserva para a mocidade con discapacidade.
Para máis información e inscricións no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo, no teléfono 981 100 688 de luns a venres de 10 a 14 horas e de martes a venres de 16 a 20 horas ou nos correos electrónicos cultura@concelloderianxo.es ou xuventude@concelloderianxo.es ou na Biblioteca Municipal