VENRES 6 DE OUTUBRO
Pindirico Show a cargo de Pedro Brandariz Gómez
De novo, Pedro Brandariz, esta vez na compaña de Felipe Diaz “Caxoto” (Caxoto Cativo Díaz Valle), farán as delicias dos máis pequenos (e en realidade de todo aquel que queira achegarse ata a Biblioteca de Rianxo). Un espectáculo de clown con grandes doses de humor absurdo.
Información:
Data: Venres 6 de Outubro
Hora: 19.00 h
Lugar: Biblioteca Municipal Rianxo
Duración aproximada: 75 minutos
Calificación: apta para todos os públicos
Prezo: gratuita
Sinopse:
Pindi e Rico son dous irmáns que pertencen a unha gran familia adicada ó circo. E esta vez, os dous van montar un circo moi peculiar onde haberá equilibrios moi perigosos, números de leóns sen leóns, desaparicións, forzudos, instrumentos diabólicos, levitacións e clown. Sobre todo, moito clown.
Pindirico Show é un espetáculo para todos os públicos no que se traballa o humor absurdo de distintas formas. Un espetáculo que fará rir e emocionará a partes iguais.