O 24 de outubro é o Día da Biblioteca e o Observatorio del libro (do MECD) organiza un concurso dende hoxe ao 24. Hai que sacarse fotos nalgunha #biblioteca. Sodes benvidos/as a sacalas aquí: nas estanteirías, tomando en préstamo algún libro, consultando a nosa web… Podedes enviar mensaxes á conta en Twitter ou en Instagram @observalibro coa etiqueta #EstoyenlaBiblio indicando nome e localidade da biblioteca que aparece na foto. Entre todas as fotos que reciban no Observatorio elixirán 10 e destas farán sorteo do que sairán 3 gañadores/as que levarán un lote de libros cada un/ha. Máis información no enlace: http://www.mecd.gob.es/cultura/areas/libro/mc/observatoriolect/redirige/destacados/2017/octubre/observatorio/Lanzamiento-EstoyenlaBiblio.html
