A compañía Pavís Pavós presenta unha nova actividade para bebés: PALMA REPALMA.
Inclúese dentro da programación do programa Apego e conta coa colaboración da Biblioteca municipal de Rianxo. Trátase dun obradoiro de contos, xogos, cantos e arrolos, que baixo o título de Palma, repalma pretende achegar ás familias recursos para se divertiren na nosa lingua.
A actividade desenvolverase na Biblioteca municipal de Rianxo o vindeiro luns, 20 de agosto, ás 12.00 h, e está dirixida a nenas e nenos de 0 a 4 anos, acompañados dunha persoa adulta.
Para poder participar cómpre inscribirse no Servizo de Normalización Lingüística (planta baixa do antigo xulgado), ou a través do correo normalizacion@concelloderianxo.gal ou do teléfono 881988891. As prazas son limitadas e respectarase a orde de inscrición.