Kenko un kenko

Sesión de contacontos para bebés entre 6 meses e 4 anos.

Incrición previa:
biblioteca@concelloderianxo.gal
981 860 272 – 667 185 581

Neste enderezo https://forms.gle/B5bPCvL4QTjZ6crt7

Na propia biblioteca municipal

 

Cris de Caldas, como contadora, acompañada de Xabi do Camiño que pon a nota musical

Kenka un kenko! pediu a nena.

Kenka un kenko!! berrou a nena.

Kenka un kenko!!! chorou a nena.

E tan pronto como escoitou o “Había unha vez…” a nena calou e sorriu.

Hoxe é muller e nai pero daquela, xa fai décadas, tamén foi unha nena, esperta e activa. E foi naqueles seus primeiros anos nos que despois de dicir “papá” e “mamá”, pedía, é máis, esixía, cada noite, ao ir durmir e con esas verbas tan fantásticas que só os máis pequenos son capaces de crear, que lle contaran un conto. Un ou dous ou tres…

Ese momento tan fermoso, no final do día, no que os cativos reclaman unha historia que os acompañe nos sonos, é o xerme deste espectáculo que mestura contos, retrousos, adiviñas, literatura infantil e tradición oral e música en directo.

Duración: 35 minutos, aproximadamente.

Kenka un kenko

Estas entrada foi publicada en Actividades, Actividades 2019, Contacontos coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s