#BiblioVeranenGalicia Caldas de Reis

No noso #BiblioVeranenGalicia de hoxe, movémonos hoxe á comarca do Umia, na provincia de Pontevedra, e adentrámonos no concello de Caldas de Reis.

A súa Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis guíanos por esta vila termal, parada obrigada no Camiño Portugués, e convídanos a coñecer a Fonte da Burga e o lavadeiro de auga quente, así como o importante patrimonio arquitectónico, tanto no núcleo urbano como na contorna.
A rúa Real coas súas casas brasonadas, a Ponte Bermaña ou o Campo da Torre son vestixios da súa longa e rica historia. É obrigado o paseo polo seu Parque-Xardín e Carballeira, declarados “Paraxe Pintoresco” e “Xardín Histórico” co seu malecón mirando ao Umia, un dos ríos que cruza a vila. E si temos tempo e un bo calzado podemos facer unha pequena andaina e chegar, pola beira do río, ata a fervenza de Segade e a “Fábrica da luz”, unha das primeiras hidroeléctricas de Galicia, descubrindo numerosos muíños de auga ao noso paso.
O roscón de Caldas e algunha peza de pan de manteiga son un remate perfecto e saboroso a esta visita a Caldas de Reis.
E por suposto, se queredes saber máis sobre o noso pobo temos á vosa disposición o fondo local entre as que destacan as seguintes publicacións: “Caldas de Reis: páginas históricas de la villa y de linajes de la misma y su contorno” de Hipólito de Sa Bravo; “Caldas de Reis a través do tempo: unha parada obrigada no Camiño de Santiago” de Xoán M. Domato Castro; e “El Parque-Jardín y Carballeira de Caldas de Reis: Paraje pintoresco y Jardín Histórico” de Carlos Rodríguez Dacal.

#BibliotecasMunicipais
#BiblioVeranEnGalicia

Estas entrada foi publicada en Actividades 2020 coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s