👀 Seguimos co #biblioveranengalicia e achegámonos nesta ocasión ao Concello de Miño, situado no corazón das Mariñas Coruñesas, é parada obrigatoria do Camiño Inglés.
▶️A Oficina de Turismo e a Biblioteca de Miño convídanvos a coñecer a paisaxe e o patrimonio cultural deste Concello.
Dicir Miño é dicir praias 🏖: destacan pola súa beleza a praia de Perbes 🏊♀️ e a praia Grande de Miño e pola súa contorna a da Alameda en Ponto de Porco. ⛵
Pero Miño é moito máis:
➡️ É roteiros: pola Fraga de Xarío🌳, polo Camiño Inglés ou polos Muiños do Río Medio.🚶♂️🚶♀️
➡️ É cultura : visitar o Muiño do Boucelo e Parque das Idades👴👩👧, sempre é boa idea. Deixamos para o final a visita obrigatoria á Igrexa románica de San Xoán de Vilanova. ⛪
📌Se queredes saber un pouco máis do noso concello só tedes que pasar pola Oficina de Turismo e se vos interesa a historia de Miño, podedes vir á biblioteca para consultar o libro ” Miño, apuntes históricos y guía del Municipio” 📙de José Raimundo Núñez Lendoiro.
#BibliotecasMunicipais
#BiblioVeranEnGalicia
