#BiblioVeranenGalicia Xinzo de Limia

No noso #BiblioVeranenGalicia de hoxe, desprazámonos ata a comarca ourensana de A Limia.

A “Biblioteca Municipal Antelana” de Xinzo de Limia, lévanos ata a “Civitas Limicorum”, parada obrigada na Vía da Prata do Camiño de Santiago e berce de importantes literatos galegos.
Xinzo de Limia é a principal vila da bisbarra de A Limia alta, da Antela. Nesta zona existíu unha antiga lagoa que foi desecada para dedicar as terras á explotación agrícola, en especial a famosa pataca de denominación de orixe, pero ainda conserva o encanto de pequenos humedais con variedade de aves e vexetación autóctona.
Como podedes ver no cadro promocional, Xinzo de Limia ten un patrimonio inmaterial reseñable, como é o Entroido de interese turístico internacional, que é o máis longo dos entroidos coñecidos e cunhas tradicións ancestrais dignas de vivir. Participar neste Entroido, ao carón das fermosas “Pantallas” é unha experiencia inesquencible. Comeza co “petardazo” e remata, despois dun mes de festa, coa “piñata”. Ademáis a festa do Esquecemento rememora cada ano o tradición do paso do río Lethes (Flumen Oblivionis ou río do olvido) por Décimo Xuño Brutus no 138 a.C. Foi este o cónsul romano que rachou coa lenda de que quen cruzaba o Belion ou Limes, nomes orixinais do Río Limia actual, perdía a memoria. Esta festa celébrase cada ano no penúltimo fin de semana de Agosto.
A Limia ten unha paisaxe rural moi fermosa, pois é unha enorme chaira no corazón do sur de Galicia con núcleos cheos de historia, como Trandeiras, onde está o Mosteiro do Bon Xesús co seu claustro, ou o lugar de Pena coa súa torre medieval.
As persoas amantes do patrimonio podedes facer tamén a ruta das igrexas románicas da Limia e dos seus cruceiros, comezando pola Igrexa de Santa Mariña de Xinzo de Limia, coa súa portada románica.
No Museo Galego do Entroido (MuGaE) tedes un compendio da enorme riqueza cultural e festiva de todos os Entroidos de Galicia. E se queredes facer algunhas etapas do Camiño, a bisbarra da Limia é un bo punto de inicio dende os albergues de peregrinos desta zona cara Santiago de Compostela e, de paso, disfrutar da fenomenal gastronomía e paisaxe ourensá.

BibliotecasMunicipais

BiblioVeranEnGalicia

Esta entrada foi publicada en Noticias literarias. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s