#biblioveranengalicia Oroso

Hoxe no #biblioveranengalicia achegámonos ao Concello de Oroso, concello que ocupa un territorio de camiños e ríos á beira de Santiago de Compostela en dirección á Coruña. Formado por once parroquias, a capitalidade é Sigüeiro, vila que acolle todos os servicios administrativos entre os que se encontra a Biblioteca Pública Municipal.
Oroso é terra de acollemento, de hospitalidade; estamos agradecidos e agradecidas a todas as persoas mozas que escolleron Oroso para vivir e formar unha comunidade harmónica onde prima a interrelación entre as persoas e a súa inclusión nun medio natural único.
Oroso é un paraíso natural grazas ao río Tambre e aos catro ríos que verten mansamente nel as súas augas. Ao longo das ribeiras podemos desfrutar de varias áreas recreativas para achegarse á natureza, destacando O Refuxio do Tambre, unha soberbia e serea paixase mestura de auga e bosque autóctono.
Nas parroquias que forman o concello poden admirarse elementos do patrimonio de todos os estilos arquitectónicos: igrexas, capelas, cruceiros, casas rectorais, pazos, muíños, hórreos… E se retrocedemos na Historia, Oroso está inzado de bens arqueolóxicos como mámoas ou medorras, castros e camiños vellos da época dos romanos. A ponte medieval sobre o Tambre é un referente da arquitectura civil que non se pode deixar de visitar en Sigüeiro.
 Camiños de auga e camiños de terra en Oroso. O Camiño Inglés a Santiago cruza o noso concello de norte a sur procedente de Ferrol ou da Coruña, deixando ao seu paso topónimos, paisaxes e bens históricos vencellados ao camiño de peregrinaxe a Compostela. Sigüeiro é o final dunha das etapas, un lugar onde se pode descansar, saborear a cociña tradicional e desfrutar dun ambiente calmo para coller azos e continuar cara a Santiago de Compostela.
Natureza, historia, arte, música, gastronomía (Festa da Troita a principios de maio), costumes, lendas, tradicións, lecer, tranquilidade… é o que ofrece Oroso aos visitantes; moitas pequenas cousas, pero todas ben fermosas. #bibliotecasmunicipais

Esta entrada foi publicada en Actividades 2020. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s