
Hoxe #DíadelLibro2020 dase a conocer os datos de #eBiblio en 2019. Estupendas cifras que mostran o interese creciente por este servizo gratuito ofrecido a través das #bibliotecaspúblicas. Informe completo 👉 bit.ly/2EbZs84
Hoxe #DíadelLibro2020 dase a conocer os datos de #eBiblio en 2019. Estupendas cifras que mostran o interese creciente por este servizo gratuito ofrecido a través das #bibliotecaspúblicas. Informe completo 👉 bit.ly/2EbZs84
Hoxe tócalle á biblioteca da Pobra do Caramiñal face-las recomendacións para #biblioveranengalicia.
Non imos falarvos dos múltiples sitios que podedes visitar na nosa vila, calquera guía ou folleto turístico vos pode servir, pero dende a biblioteca queremos especialmente recomendarvos “catro”cousas, lugares ou eventos singulares do noso concello e que teñen algún tipo de relación co mundo do libro.
A procesión das mortallas do Nazareno, da cal tantas veces nos falou Victoriano García Martí, escritor nado na Pobra (cuxo nome leva, por certo, a nosa biblioteca municipal) e que constitúe unha das principais riquezas antropolóxicas galegas.
As marabillosas pozas ou “piscinas”naturais do río das Pedras e a lenda da barca do santo Amaro, que aparecen xa no “Viaje a Galicia”, de Sarmiento, alá por 1745, e que son un dos principais atractivos naturais do noso concello.
O Museo Valle-Inclán e a Ruta Valle-Inclán, xunto coas recentes celebracións incorporadas ó noso calendario cultural: a romaría da Curota e o Entroido Esperpéntico, que teñen como figura central o noso escritor máis insigne, non nado na Pobra, pero intimamente vinculado ó noso concello, onde escribiu algunhas das súas obras máis emblemáticas.
E, por último, un dos nosos lugares favoritos: a capela de Alba, unha marabilla escultórica moi pouco coñecida, pero dende tódolos puntos de vista fascinante … Iso si, na espera de aparecer nalgún libro aínda por escribir.
Ah! E non vos esquezades de visita-la nosa biblioteca, cunhas vistas que xa quixeran para si a maioría das bibliotecas, e onde poderedes atopar tódolos libros doutros escritores pobrenses. Uns tan descoñecidos como Leonardo da Jandra, Premio Nacional de Literatura en Mexico e cunha biografía de película, outros, coma Anxo Rei Ballesteros e Carlos Mosteiro, que recalaron aquí nalgún momento das súas vidas e xa non saíron da nosa vila onde faleceron nos últimos anos, e outros en plena creación literaria coma Manuel Gago, autor dalgunhas das novelas máis exitosas das nosas letras publicadas recentemente, coma “O anxo negro” ou “O exército de fume”.
Deixámosvos aquí unhas imaxes do último Entroido Esperpéntico.
#biblioveranengalicia no seu navegar hoxe arriba en Rianxo.
A biblioteca municipal de Rianxo quere amosarorvos o encanto da travesía LendoRianxo!
Ler é un xeito único de coñecer, vivir e sentir Rianxo; o seu patrimonio cultural, arquitectónico, literario, gastronómico, arqueolóxico farante protagonista da aventura mais tenra e fascinante endexemais creada. Descobre e inspírate coa historia local. Enfeitízate coa mirada d@s escritores rianxeir@s. Mergullate nos seus mundos fantásticos e abrígate nas suas andanzas. Contáxiate dos Airiños do teatro . Baila ao son dos compositores e músicos . Inspírate nos creadores audiovisuais. E hidrata os teus soños na fonte da nosa ría da Arousa.
Libera os sentidos que devecen da maraxe deste máxico lugar con fondo sabor mariñeiro e literario . Ti aquí es o verso salgado que enreda cada onda e cada recuncho de felicidade.
Este verán Rianxo e o teu osixeno.
Descubre Rianxo lendo a: Paoi Gómez Chariño, Alfonso Daniel. R. Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio, Xosé Arcos Moldes, Manuel Vicente “Chapí”, , Xosé Comoxo Rodríguez, Xesús Costas Rodil, Martin Gómez, Esther Carro d’Eguas X. Ricardo Losada, José Carou Rey, Ana Belén Rey Castro, Amanda Seibel, @Noelia Gómez, Juan Carlos Bastos González, Alfonso Iglesias Rial, Marina Losada Vicente…
E Rianxo é moito máis:
Taragoña: Xosé María Brea Segade, @Xosé María Brea Rei, Fernando Lavandeira, Xosé Duncán, @Gonzalo Hermo, @Anxo Muiños, …
O Araño: Ramón Torrado, Oscar Loureiro, @Roberto Abuín, …
Isorna: Faustino Rey Romero, Raquel Garcia Abuin, ….
Asados: Xesús Santos, Xosé Luís Axeitos AgreloEulalia Agrelo, Maite Mosconi, …
En Rianxo seguiremos coa ilusión de continuar pescando letras en cada lusada para que nas nosas redes nunca falten palabras.
Para mais información: https://linktr.ee/bibliorianxo
Facebook: https://www.facebook.com/BiblioRianxo/
Instagram: https://www.instagram.com/biblioteca_municipal_rianxo/
Twitter: https://twitter.com/bibliorianxo
Catálogo da biblioteca: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
Pinterest: https://www.pinterest.es/bibliorianxo/
Concello de Rianxo: https://concelloderianxo.gal/es/
Turismo de Rianxo: https://omarfeitotradicion.gal
Nesta sesión do #biblioveranengalicia achegámonos ao Concello de Valga.
Como xa dixo Rosalía de Castro:
Vexo Valga á beira hermosa dun camiño todo prata….
En Valga podedes facer rutas polas súas envexadas paisaxes: as fervenzas de Raxoi, a de Parafita cos seus muíños de auga, a lagoa Mina Mercedes, a praia fluvial de Vilarello ou o miradoiro de Beiro co muiño de vento. Ou elixir un turismo cultual que vos leve polos restos arqueolóxico da igrexa vella ou o mercado dos mouros, a necrópoles dos Martores ou pola ruta da pedra da serpe (petróglifo).A igrexa parroquial de Santa Cristina de Campaña, templo románico do século XII. Destacan as súas pinturas murais, que reflicten a forma de traballar dos artesáns entre os séculos XV-XVI. A ponte do Souto de orixe medieval. Se es máis tranquiliño podes visitar o noso Museo da historia que unifica diversas áreas temáticas que dan a coñecer os aspectos máis relevantes da Historia, a etnografía, a cultura e os persoeiros ilustres de Valga, Xesús Ferro Couselo ou A Bella Otero. E sen esquecer o noso coñecido Belén artesanal en movemento ou a festa gastronómica da anguía. Nas nosas bibliotecas invitámosvos a coñecer os libros do fondo local e os do Premio Xesús Ferro Couselo editado polo noso concello. Esperamos a vosa visita.
Hoxe o #BiblioVeránEnGalicia lévanos a Coirós da man da Biblioteca Coirós.
O municipio de Coirós atópase situado ó noroeste da provincia de A Coruña 🔎.
Coirós está bañado polo río Mandeo e o Mendo. O Río dos dous nomes (Río Vexo o Río Fervenzas) é un afluente do Mandeo polo que atravesa unha ruta senderista, así como se poden atopar restos de unha antigua ferrería. Á ribeira do río Mendo atopamos O Lugar de Mende, onde podemos ver dous muiños totalmente rehabilitados.
O lugar de Chelo é un paraxe fluvial situado no val de A Espenuca, que foi declarado paisaxe pintoresco polo decreto 2646/1972 de 18 de agosto.
En Lesa podemos atopar a Pena Furada, nunha zona cunhas vistas estupendas. Representa unha figura femenina e calcúlase que foi creada na Idade de Ferro.
Outro lugar destacado é o mirador de Espenuca, que permite ver o río Mandeo sobre Chelo, e está ubicado a carón da ermita de Santa Eulalia.
Por último, o Monte do Gato é a zona máis alta do concello con 512 metros de altura e onde pode disfrutar de unhas extraordinarias vistas da comarca de las Mariñas.
Son varios os restos arqueolóxicos atopados dentro do límite do concello que atestiguan que éste estivo poboado desde os tempos da cultura castreña. Principalmente nun lugar emblemático como é A Spelunca, onde posteriormente parece que houbo un cenobio paleocristiano, destruido no século V. Cando se abríu unha estrada atopáronse tégulas, muiños de man e outros vestixos romanos entre gran cantidade de cinzas.
Tamén aquí, se alzaba o antiguo castelo da Spelunca que o conde D. Rodrigo donou ao arzobispo de Santiago no ano 1130. Debeu ser entón cando se construíu a igrexa románica de Santa Eulalia.
#biblioveranengalicia
#bibliotecasmunicipais
📌Hoxe co #biblioveranengalicia continuamos na comarca lucense de Ulloa, e adentrámonos desta vez no Concello de Antas de Ulla, e seguimos as recomendacións da súa biblioteca:
“Antas de Ulla: un paraiso de carballeiras como é o lugar donde se sitúa o punto centro de Galicia (aldea de Nugallás) .
Tamén nun lugar rodeado de prados e árbores está a fonte Poteira, nacemento do Ulla na aldea de Olveda.
Aparte destas riquezas naturais e únicas podes facer unha ruta histórica comezando nos petróglifos do monte Farelo e seguindo por numerosas igrexas con restos románicos ou cruceiros coma o de Sta María de Alvidrón.
Non podes esquecer de acercarte o pazo de Santa Maríña ou á fortaleza de Amarante.
E chega a hora de descansar e degustar o pan de Antas de Ulla co queixo da Ulloa, nos bos restaurantes que aquí temos.
Na biblioteca Municipal podes consultar diferentes libros para ampliar información sobre o noso concello. Seredes ben recibidos.
No noso #biblioveranengalicia de hoxe, a biblioteca Lorenzo Varela, invítavos este verán a coñecer Concello de Monterroso , situado cerquiña do centro de Galicia.
O libro “Monterroso na Ulloa” de Darío Xoán Cabana e Alexandra Cabana estimula a unha viaxe por as súas igrexas románicas, castros, muíños, pazos e casas señoriais como o Pazo de Laxe, Pazo Ludeiro, Pazo de Podente, conxunto San Miguel de Penas, Casa grande da Condesa (Ladar), Casa grande de Novelúa, o Camiño de Santiago co o seu antigo hospital de peregrinos, cruceiro de Lameiros e albergues.
Poderedes desfrutar das rutas de sendeirismo :
“Ruta do románico da natureza” (10Km) e a “Ruta dos muíños” polo rio Ulla na que se atopa o complexo fluvial “A PENEDA” coas piscinas e cámping e despois dunha boa camiñada degustar dun bo prato de polbo á feira así coma dos nosos doces e queixos da Ulloa.
Recomendarvos para o día 1 de novembro a feira de Santos declarada “feira de interese turístico galego” no 2011.
Todo isto e moito mais o atoparedes na páx. Web :
http://www.monterroso.es/es/mapa-turistico
e no facebook: turismodemonterroso
#BiblioVeranenGalicia hoxe da man das Bibliotecas de Sanxenxo tócalles achégarnos o seu Concello.
O Concello con máis bandeiras azuis de España é moito máis que praias.
A Lanzada, a súa Ermita, o rito das nove ondas, o xacemento arqueolóxico con restos desde finais s. VI a.C. … Descubre a historia!
Pazo de Miraflores onde viviu Emilia Pardo Bazán, Pazo do Revel en Vilalonga, Pazo dos Patiño… Museo da Telleira en Vilalonga… Descubre o amplio patrimonio etnográfico e monumental!
Roteiro dos muíños de Dorrón e Bordóns, Roteiro das lagoas de Rouxique… Descubre a natureza!
Festa da Cebola en Sta. Rosalía, Festa da Ostra en Noalla, Festa da Raia en Portonovo… Descubre a gastronomía!
Sen esquecer a personaxes ilustres do Concello como o Aviador José Piñeiro González, pioneiro da aviación en España e a grande Emilia Pardo Bazán, entre outros.
Se queredes descubrir todo isto e máis, pasade polas tres Bibliotecas do concello e as Oficinas de Turismo. Estaremos encantadas de vos axudar.
Vinde a Sanxenxo e desfrutade non só do sol e as praias!
#bibliotecasmunicipais
#BiblioVeranenGalicia
Hoxe o #biblioveranengalicia lévanos a Teo, na comarca de Santiago. E dende as súas Bibliotecas Municipais de Teo recomendan seguir calquera dos percorridos dos que podedes desfrutar: pasear á beira do Ulla ou polo Camiño Portugués, desfrutar do seu patrimonio, ir tras as pegadas da Batalla de Cacheiras, acompañar ós Xenerais da Ulla, tomar algo nos postos do San Martiño, visitar os escenarios do crime de Beleza Vermella… Nas bibliotecas podedes consultar libros e guías para levar compaña. #bibliotecasmunicipais
Hoxe no #biblioveranengalicia achegámonos ao Concello de Oroso, concello que ocupa un territorio de camiños e ríos á beira de Santiago de Compostela en dirección á Coruña. Formado por once parroquias, a capitalidade é Sigüeiro, vila que acolle todos os servicios administrativos entre os que se encontra a Biblioteca Pública Municipal.
Oroso é terra de acollemento, de hospitalidade; estamos agradecidos e agradecidas a todas as persoas mozas que escolleron Oroso para vivir e formar unha comunidade harmónica onde prima a interrelación entre as persoas e a súa inclusión nun medio natural único.
Oroso é un paraíso natural grazas ao río Tambre e aos catro ríos que verten mansamente nel as súas augas. Ao longo das ribeiras podemos desfrutar de varias áreas recreativas para achegarse á natureza, destacando O Refuxio do Tambre, unha soberbia e serea paixase mestura de auga e bosque autóctono.
Nas parroquias que forman o concello poden admirarse elementos do patrimonio de todos os estilos arquitectónicos: igrexas, capelas, cruceiros, casas rectorais, pazos, muíños, hórreos… E se retrocedemos na Historia, Oroso está inzado de bens arqueolóxicos como mámoas ou medorras, castros e camiños vellos da época dos romanos. A ponte medieval sobre o Tambre é un referente da arquitectura civil que non se pode deixar de visitar en Sigüeiro.
Camiños de auga e camiños de terra en Oroso. O Camiño Inglés a Santiago cruza o noso concello de norte a sur procedente de Ferrol ou da Coruña, deixando ao seu paso topónimos, paisaxes e bens históricos vencellados ao camiño de peregrinaxe a Compostela. Sigüeiro é o final dunha das etapas, un lugar onde se pode descansar, saborear a cociña tradicional e desfrutar dun ambiente calmo para coller azos e continuar cara a Santiago de Compostela.
Natureza, historia, arte, música, gastronomía (Festa da Troita a principios de maio), costumes, lendas, tradicións, lecer, tranquilidade… é o que ofrece Oroso aos visitantes; moitas pequenas cousas, pero todas ben fermosas. #bibliotecasmunicipais