Así foi Rosa e Azul da man de Pérez&Fernández un novo Xoves da biblioteca e xa levamos tres seguidos.
Urdime
lercontamoito #bibliotecasmunicipaisdegalicia #rededebibliotecasdegalicia

#rianxo
arousanorte
barbanza






Así foi Rosa e Azul da man de Pérez&Fernández un novo Xoves da biblioteca e xa levamos tres seguidos.
Urdime
Cuarto XOVES DA BIBLIOTECA e desta vez para celebrar o “Día da biblioteca”
Xoves 22 de outubro as 18:00 h no Auditorio de Rianxo.
Reserva a túa praza.
A entrada é de balde, previa reserva en:
biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 15 ao 22 de outubro de 11.00 h a 20.00 h. É preciso indicar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva efectuarase unicamente cando se confirme desde a biblioteca municipal de Rianxo.
Outro xoves da biblioteca.Xoves 15 de outubro as 18:00H no auditorio de Rianxo.
Reserva a túa praza.Entrada é de balde previa reserva en:biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 08 ao 15 de outubro de 11.00h a 20.00 h. É preciso indicar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva efectaurase unicamente cando se confirme desde a biblioteca municipal de Rianxo.
“As princesas tíranse peidos” “E os príncipes tamén” “Meu pai non entende nada de mecánica “Pois miña nai s픓Meu pai é ama de casa” “A miña naitamén”… Azul e Rosa é unha coidada selección de contos non sexistas que pretende eliminar valores e actitudes estereotipadas#concelloderianxo #lercontamoito #aculturasegue #barbanza #arousanorte #rianxo #rededebibliotecasdegalicia #bibliotecasmunicipaisdegalicia
XOVES DA BIBLIOTECA.
A máquina do tempo por teatro Ghazafelhos xoves 8 de outubro as 18:00h
A doutora Mon e o seu axudante Pe, logran construír unha máquina do tempo coa que nos amosaran a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a “algún voluntario ou voluntaria” a distintas épocas da nosa historia.
A entrada é de balde previa reserva en:
biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 02 ao 08 de outubro de 11.00h a 20.00 h. É preciso indicar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva efectaurase unicamente cando se confirme desde a biblioteca municipal de Rianxo.
#concelloderianxo #lercontamoito #aculturasegue #barbanza #arousanorte #rianxo #rededebibliotecasdegalicia #bibliotecasmunicipaisdegalicia
Primeiro XOVES DA BIBLIOTECA. Con @esperanza_mara_emanarte “Xogando coa música”. Estade atent@s que ainda quedan 3 mais 😉
Esperanza Mara será a nosa soprano convidada. Hai un tempo que non consegue cantar e precisa de que a axudes para voltar a facelo, anímaste a participar?
A entrada é de balde previa reserva en biblioteca@concelloderianxo.gal (preferente) ou no teléfono 667 185 581, do 28 ao 30 de setembro de 11.00 a 20.00 h. É preciso indicar de todas as persoas para as que se solicita reserva a seguinte información: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva efectaurase unicamente cando se confirme desde a Biblioteca Municipal de Rianxo.
Esta actividade realizase no Auditorio de Rianxo resptetando o protocolo COVID.
21 bibliotecas municipais galegas convidámovos a descubrir #BiblioVeránEnGalicia.
Compartindo con vós as nosas recomendacións de lectura para animarnos a coñecer o noso entorno máis próximo con recunchos de lectura, paisaxes, tradicións, gastronomía, arte, historia, lendas e moito máis que a terra galega nos pode ofrecer.
Bo verán!
Bibliotecas participantes:
Antas de Ulla https://www.facebook.com/biblioteca.antasdeulla
A Pobra do Caramiñal https://www.facebook.com/Biblioteca-Municipal-da-Pobra-do-Caramiñal-517192751775648/
As Pontes de García Rodríguez https://www.facebook.com/Biblioteca-Rivera-Rouco-1697140043931363/
Caldas de Reis https://www.facebook.com/bibliotecadeCaldas/
Coirós https://www.facebook.com/biblioteca.coiros/
Miño https://www.facebook.com/bibliotecademino/
Monterroso https://www.facebook.com/concello.monterroso/
Narón https://www.facebook.com/bpmdenaron
Noia https://www.facebook.com/Biblioteca-Municipal-de-Noia-101741794804819/
O Saviñao https://twitter.com/BSavinao
Ordes https://www.facebook.com/concellodeordes/
Oroso https://www.facebook.com/BPMOroso/
Redondela/Chapela https://www.facebook.com/bibliotecas.deredondela/
Rianxo https://www.facebook.com/BiblioRianxo/
Ribadavia https://www.facebook.com/bibliotecaribadavia.ribadavia/
Sanxenxo https://www.facebook.com/rbmsanxenxo/
Sober https://www.facebook.com/concello.desober/
Teo https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo/
Valga https://www.facebook.com/bibliotecasde.valga.9
Xermade https://www.facebook.com/bibliotecadexermade/
Xinzo de Limia https://www.facebook.com/Biblioteca-Pública-Municipal-Antelana-103852007966369/
Hoxe #DíadelLibro2020 dase a conocer os datos de #eBiblio en 2019. Estupendas cifras que mostran o interese creciente por este servizo gratuito ofrecido a través das #bibliotecaspúblicas. Informe completo 👉 bit.ly/2EbZs84
Hoxe tócalle á biblioteca da Pobra do Caramiñal face-las recomendacións para #biblioveranengalicia.
Non imos falarvos dos múltiples sitios que podedes visitar na nosa vila, calquera guía ou folleto turístico vos pode servir, pero dende a biblioteca queremos especialmente recomendarvos “catro”cousas, lugares ou eventos singulares do noso concello e que teñen algún tipo de relación co mundo do libro.
A procesión das mortallas do Nazareno, da cal tantas veces nos falou Victoriano García Martí, escritor nado na Pobra (cuxo nome leva, por certo, a nosa biblioteca municipal) e que constitúe unha das principais riquezas antropolóxicas galegas.
As marabillosas pozas ou “piscinas”naturais do río das Pedras e a lenda da barca do santo Amaro, que aparecen xa no “Viaje a Galicia”, de Sarmiento, alá por 1745, e que son un dos principais atractivos naturais do noso concello.
O Museo Valle-Inclán e a Ruta Valle-Inclán, xunto coas recentes celebracións incorporadas ó noso calendario cultural: a romaría da Curota e o Entroido Esperpéntico, que teñen como figura central o noso escritor máis insigne, non nado na Pobra, pero intimamente vinculado ó noso concello, onde escribiu algunhas das súas obras máis emblemáticas.
E, por último, un dos nosos lugares favoritos: a capela de Alba, unha marabilla escultórica moi pouco coñecida, pero dende tódolos puntos de vista fascinante … Iso si, na espera de aparecer nalgún libro aínda por escribir.
Ah! E non vos esquezades de visita-la nosa biblioteca, cunhas vistas que xa quixeran para si a maioría das bibliotecas, e onde poderedes atopar tódolos libros doutros escritores pobrenses. Uns tan descoñecidos como Leonardo da Jandra, Premio Nacional de Literatura en Mexico e cunha biografía de película, outros, coma Anxo Rei Ballesteros e Carlos Mosteiro, que recalaron aquí nalgún momento das súas vidas e xa non saíron da nosa vila onde faleceron nos últimos anos, e outros en plena creación literaria coma Manuel Gago, autor dalgunhas das novelas máis exitosas das nosas letras publicadas recentemente, coma “O anxo negro” ou “O exército de fume”.
Deixámosvos aquí unhas imaxes do último Entroido Esperpéntico.
#biblioveranengalicia no seu navegar hoxe arriba en Rianxo.
A biblioteca municipal de Rianxo quere amosarorvos o encanto da travesía LendoRianxo!
Ler é un xeito único de coñecer, vivir e sentir Rianxo; o seu patrimonio cultural, arquitectónico, literario, gastronómico, arqueolóxico farante protagonista da aventura mais tenra e fascinante endexemais creada. Descobre e inspírate coa historia local. Enfeitízate coa mirada d@s escritores rianxeir@s. Mergullate nos seus mundos fantásticos e abrígate nas suas andanzas. Contáxiate dos Airiños do teatro . Baila ao son dos compositores e músicos . Inspírate nos creadores audiovisuais. E hidrata os teus soños na fonte da nosa ría da Arousa.
Libera os sentidos que devecen da maraxe deste máxico lugar con fondo sabor mariñeiro e literario . Ti aquí es o verso salgado que enreda cada onda e cada recuncho de felicidade.
Este verán Rianxo e o teu osixeno.
Descubre Rianxo lendo a: Paoi Gómez Chariño, Alfonso Daniel. R. Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio, Xosé Arcos Moldes, Manuel Vicente “Chapí”, , Xosé Comoxo Rodríguez, Xesús Costas Rodil, Martin Gómez, Esther Carro d’Eguas X. Ricardo Losada, José Carou Rey, Ana Belén Rey Castro, Amanda Seibel, @Noelia Gómez, Juan Carlos Bastos González, Alfonso Iglesias Rial, Marina Losada Vicente…
E Rianxo é moito máis:
Taragoña: Xosé María Brea Segade, @Xosé María Brea Rei, Fernando Lavandeira, Xosé Duncán, @Gonzalo Hermo, @Anxo Muiños, …
O Araño: Ramón Torrado, Oscar Loureiro, @Roberto Abuín, …
Isorna: Faustino Rey Romero, Raquel Garcia Abuin, ….
Asados: Xesús Santos, Xosé Luís Axeitos AgreloEulalia Agrelo, Maite Mosconi, …
En Rianxo seguiremos coa ilusión de continuar pescando letras en cada lusada para que nas nosas redes nunca falten palabras.
Para mais información: https://linktr.ee/bibliorianxo
Facebook: https://www.facebook.com/BiblioRianxo/
Instagram: https://www.instagram.com/biblioteca_municipal_rianxo/
Twitter: https://twitter.com/bibliorianxo
Catálogo da biblioteca: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal
Pinterest: https://www.pinterest.es/bibliorianxo/
Concello de Rianxo: https://concelloderianxo.gal/es/
Turismo de Rianxo: https://omarfeitotradicion.gal