TURISMO ESCOLAR EN RIANXO,
Dende finais de abril o Departamento de Turismo do concello e coa colaboración da Biblioteca Municipal e de Tero Rodriguez (compoñente do grupo de teatro Os Quinquilláns) véñen coordinando e dirixindo distintas actuacións dirixidas a amosar aos estudantes de tódalas idades, clubes de lectura e diversas asociacións, o recente estreado Roteiro Castelao, así como o funcionamento do Concello e da biblioteca municipal.
O programa ten a particularidade de amosarlle aos rapaces a traves dun pequeno percorrido polo casco urbán, sete inmobles e/ou lugares vencellados coa vida e obra do polifacético ADR Castelao. Trátase dun roteiro teatralizado, no que os estudantes poden ver a pé de rúa as peripecias de Peito de lobo grazas ao cabezudo prestado para ocasión pola asociación de baile tradicional VAI DE RODA” , cantar a canción orixinal da Rianxeira dende o restaurante Feliciano (lugar onde se cantou por primeira vez), aprender o saúdo como o facía Castelao,etc…..
Asemade, e na mesma xornada; ademais de ter a opción de visitar o Pazo de Martelo reconvertido a Biblioteca Municipal, poden converterse en políticos municipais por uns intres, participando na simulación dunha sesión plenaria no Salón de Plenos do Concello,sendo este o mellor xeito de coñecer de primeira man o proceso de toma de decisións.
Todo elo sen esquencernos das visitas guiadas ao Museo do Mar e á casa museo Manuel Antonio que se levan facendo dende hai anos e que agora simultaneamos con este outro xeito de amosar unha vila tan particular aos escolares de toda Galiza…..
Despois de mais dunha ducia de roteiros non se fixeron dous iguais.
Sempre temos sorpresas e moitas delas moooi agradables, de veciños de Rianxo que nalgún momento nos acompañan na ruta.
Escritores que nos contan historias, músicos, cantantes, actrices que cantan con nos,….
Temos programados mais de dez ata finais de xuño. Anímovos a que participedes.
Subvencionado este roteiro en parte pola Deputación de A Coruña.
Mais información:
667 185 576
turismo@concelloderianxo.gal
biblioteca@concelloderianxo.gal
https://www.facebook.com/plugins/post.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fmedia%2Fset%2F%3Fset%3Da.568733333286258.1073741833.487064688119790%26type%3D3&width=500” target=”_blank”>Segue o Roteiro Castelao no Facebook da Biblioteca Municipal de Rianxo