1ª edición da LIX Rianxo, a semana da Literatura Infantil e Xuvenil.
Do 13 ao 20 de maio teremos unha ampla oferta de actividades culturais da máxima calidade para escolas e familias: teatro, música, contacontos, obradoiros de escrita, cine-fórums, banda deseñada, encontros lectores, roteiros, exposicións de ilustración e a mostras dos traballos literarios e plásticos das nosas escolas.
Estas actividades realizaranse na Biblioteca Municipal e no Auditorio de Rianxo.
Descarga o programa, inscribete nas actividades que teñan límite de prazas no seguinte enderezo.